2008

Pazo de Meirás

Cancións

Matanza Botellón

Dende Ourense Á Coruña no tren
que xa ven moi cansado de Irún
persígueme o fresquío, entre suspiros
da cruel matanza ancestral.

¡Fume para os chourizos!
A carne cura no sal
se non matan o porco,
non hai cachola
no carnaval.

Eu durmiría mil sonos
o tren vai lento, eu vou cansado de mais
se non fose o frenazo
por uns ronquidos, que o tren fixderon parar.

Cando estiven esperto
fixen esta canción
que encabrona ós veciños
contra os rapaces
do botellón.

¡Ay! María corrre de presa.
Onde andará a túa filla
que non estaba, po las tabernas
non está no descampado
nin na plaza nin na eira
non será dun resfriado
colleu unha borracheira
que ainda che aposto
que está en urxencias.

¡Falo! das noites nas que non durmo.
¡Falo! do ben que as dorme o alcalde.
¡Falo! por cada dous que non durmen.
¡Falo! sempre hai un falo que arde.

Os mozos non fan merendas
daquel negrito “del Africa tropical”
que o cultivar cantaba
como medrabas con esa publicidad.
Xa non quedan negritos
foron a emigración
para vender reloxios, cedes piratas
e cinturóns.

¡Ay! foi o ron e a coca cola
será gaseosa ou cerveza
así o explica o Mir de urxencias
¿Por qué o sabor tan amargo?
¿Por qué o dolor de cabeza?
que irradia a miña entreperna
polo viño de garrafa
que fun potando polas aceras…

¡Falo! das noites nas que non durmo.
¡Falo! do ben que as dorme o alcalde.
¡Falo! por cada dous que non durmen.
¡Falo! sempre hai un falo que arde.

Escoita…

Sen audio!

O tren

Vai pra un ano que gobernan
na Coruña
uns consortes que dan moito
que falar
E o Paquiño que dende Roma
non para
de poñerlle zancadillas
pra facelos divorciar.

Ai que mal sogro ti faz
Paquiño ai Pacote
deixa de criticar
e dalle unha boa dote
Mira ben ti o que faz
ten conta cos do Bloque
non che vaian quitar
a casiña do Parrote.

A un consorte antes nada
lle valía
mais agora todo lle parece ben
pero a L sígueche alí plantada
a banderita izada
e o tren chu chu tamén.

Ai que gusto da viaxar
no noso tren chu chu
que sale de Riazor
e chega o Gurugú
segindo por Labañou
e vai ata Moscú
fixo parada en Roma
deixando un bó landrú.

Desta volta cumplense os
oitocentos
son os anos que xa ten esta
ciudaz
soio falta que nos declaren a torre
que nos declaren a Torre
ben de toda a humanidaz.

Ai que dende Riazor
a Torre non se ve
se sigue a construcción
vai desaparecer
con tanta edificación
de alturas todo a cen
cando chegue o xurado
non a poderá ver.

Escoita…

Sen audio!

Pazo Meirás

No Concello de Sada
Pazo Meirás
instalóuse a familia
do Xeneral
e todos lle dicimos
marchade xa
non queremos franquistas
a veranear.

Caranga, caranga, fora
caranga, marchade xa
O pobo xa está bailando BIS
estámolo a celebrar.

E se Rajoi non quere
que o devolvan
que se vaia con eles
e que non volva
e se está moi soio
na lexanía
que se leve a Feijóo
e compañía.

Caranga, caranga, fora
caranga, marchade xa
Os Maracos xa bailamos BIS
estámolo a celebrar.

Dice la Carmencita
El Pazo es mío
me lo dejó en herencia
mi abuelito.
Devolvan nos o Pazo
se non hai lío
que o pobo pagóuno
do seu bolsillo.

Caranga, caranga, fora
caranga, marchade xa
O pobo xa está bailando
estámolo a celebrar.

Caranga, caranga, fora
caranga, marchade xa
Os Maracos xa bailamos
estámolo a celebrar.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages