1990

Cancións

Con Don Manuel Si Da

Con Don Manuel
fixéronnos a cama,
vaia falcatruada;
com Don Manuel si da.

Se te aconsella pola Xunta
na prevención das infeccións,
contra do sida e purgacións
dache máis gusto con condón.

Se ti vas ó Monte do Gozo
non fagas caso ti meniño
porque o amor con gabrdina
non che ten gracia nin perdón.

Con Don Manuel…

O Don Manuel non vai poñer
os chubasqueiriños do pito,
di que se colen os bichiños
e son barreira do placer
pois se non os quere usar
que colbue os chubasqueiriños
polos cornos do Victorino
non o vaia empitonar.

Usa condón, usa condón Manolo
que e bon para o pirolo
non collas purgacións
Usa condón, que é cousa sanitaria
antiparasitaria
pregúntalle ó Cochón.

Usa condón
usa condón goloso,
usa condón mimoso,
Manolo usa condón.

Con Don Manuel…

Escoita…

Sen audio!

Semblanza

Na Xunta, os funcionarios tremen co medo,
os nenos, hai algún tempo non durmen ben,
non cantan os paxariños, din os labregos,
as rúas quedan valeiras ó anoitecer.

Miña naiciña da alma
¿qué será esa treboada
que non acouga con nada?

¿Será Manoliño con seus zapatóns?

Manolo Fraga, o Vilalbés,
ti e lo rei das autonomías,
non houbo nunca, nen vai haber,
outro monarca con maioría.
Menuda desgracia nos foi tocar:
que aquí che mandaran para che xubilar.

Pobre de nos, pobre de nos
cando nos colla a ira Furiosa
do Zapatóns.

Os teus tirantes son dous bordóns
dunha guitarra de pesadilla
enche de espanto o teu ronco son
ó mundo enteiro dende Galicia
túa furia española rexeita os condóns:
ti a metes doblada e sen calzador.

Pobre de nos…

No Parlamento é un ciclón
túa alborotada palabrería
e nos teus prontos arrasador,
como cabalo en cacharrería.
Para os do teu pobo es gran valedor,
ti serás por sempre o Capón maior.

Escoita…

Sen audio!

Pero Mira Ti Que Son

Pero mira ti que son
mira que sonche ven listos
poero mira ti que son
mira que son ben lambóns.

As malas lingoas que nos paran
din que Xan Gerra é un lambón,
por eso Alfonso alporizado
no Parlamento amenazou
que se falamos de pringados
el empapela a mais de dous.
Mais notarán
que anden moitos a meter man
non é disculpa do truhán.

Compran e véndense favores
xa trafica sen pudor,
e os señoritos que non queren
ir hasta o fondo da cuestión.

O Felipiño o consinte
e xa se escoita algún rumor
¿No haberá tamén tapado algún “cuñao”
que anda cortando o “bacallao”?

Con tanta grúa, cepo e O.R.A
tanto cobrar por aparcar,
os atascos que non milloran
vaia paciencia circular,
pode levar máis dunha hora
ir desde Elviña hasta O Orzán
moi ¿cómo non?
O Chollo da recaudación
é para os socios do Pacón.

Escoita…

Sen audio!

¡Meu Rei Que Pluma!

O Rei de Triana metéuse na cama,
na Praza Martelo con blanco colchón
a bata de seda, mantiña de lana,
¡o Demo que pluma teo o edredón!

Non comía nada, soio limonada,
marcoulle a dieta o doctor Marañón A Protesta
a porta pechada tráenlle ensalada,
musliños de ave e fume de salmón.

Ai Diputa-puta-puta
ai Diputa-putación
que me quitan o bailao
e danme a xubilación.

(Música)

Victoria Canedo, rabuña a un madero
que o noso Nijinski foi desaloxar,
Marina Castaño tentalle os redaños,
en tanto Woitila no monte a gozar.

Cela desxarreta unha pedorreta
que derriba un muro xunto ó Gorbachov O Desaloxo
Com tanto barullo, Xan Gerra oportuno,
o señor Moreda birlalle o reloj.

Eu xa non che entendo nada
dille Fraga ó Pacón
na comparsa dos Maracos
o letrista toleou

Aprendede pequenos
se cantades ou bailades
enriba dun escenario
Aprendede pequenos
aprendede do artista
que metéuse a fincionario A Moralexa
Aprendede pequenos
que conste por triplicado
según di o reglamento
ó chegalo momento
cunha pensión se verá xubilado.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages