1989

Cancións

O Capo e o Cid Branqueador

A historia do capo
e o Cid Branqueador
é mero producto
da imaxinación.

Calquer semellanza
calquer parangón
é unha coincidencia
sen nengunha intención.

Estribillo

Que mené
coca e cartos
para branquear

Chegou desde Honduras
con cartos sen fin
metéunos en tendas
de autos de postín,
pero, noso home
era,o moi pillín
un capo da coca
do cartel Medellin.

Estribillo

Os cartos que tiña
cheiraban moi mal
¡Cómo negreaba
aquél capilal!
Probou con lexía
meteuno no cal,
mais non houbo xeito
de lle dar claridad-

Estribillo

Por toda a ciudade
con celo buscou
alguén que soubera
branquear millóns,
tras dar moitas voltas
por fin atoupou
dentro do Concello
ó Cid Branqueador.

Estribillo

Nun aparcamento
perto dos Cantóns
Cid, com brocha gorda,
todo branqueou.
Mais nunca se soubo
pois non se contou
cal for o caldeiro
que o Cid se levou.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

Os Mandadiños

Anuncian xa agora
facer sen demora,
cara ó centenario
da Hispanidad
moitas inversións:
miles de millóns,
pois todo o país
van modernizar.

Con locomotoras
a dous mil por hora
centos de autopistas
cruzando a nación.

A Galicia mandan
para que milloren
nosas corredoiras
catro patacóns.

Estribillo:

E os conselleiros da Xunta
caladiños sen chistar
mandadiños do carallo
nen valen para cagar.

Mandadiños vos quero
pola vosa promoción
ó deseño de fungueiros.

Mandadiños vos quero
vos garde-la pureza
do millor lacon con grelos.

Mandadiños vos quero
¡Que se fodan os de fora!
Con estes conselleiros
todo o ano nos teremos
os antroidos
mais grandes de Europa.

¡Vaia virguerías
da tecnoloxía!

¡Qué modernidades
están a montar!

Semiconductores
para ordenadores
a tele por cable
e sinal dixital.

Cargar cas bombonas
vai pasar de moda
ó poñe-la rede
de gas natural.

Aquí nos instalan
para que os cheiremos
vinte celulosas
e un alcolital.

Escoita…

Sen audio!

Mira Que Che Son Listos

Estribillo:

Chegóu eiquí, viña lanzao,
o capo da “cocainilla!
chegóu eiquí, viña lanzao,
para branquear as peliñas…

A folla da cocaína
é droga que moito excita
cultivana alá en Colombia
e chega hasta Maria Pita…

Estribillo

O Serra merca pianos,
a Miró viste Loewe,
Pacón para non ser menos
anda en tratos coa Mercedes.

Estribillo

O Boyer tem unha casa
com trinta e cinco bidés
para ter ben blanqueado
o chimino de Isabel.

Estribillo

Os salarios son pequenos
e unha merda as pensións,
mentras os bancos anuncian
beneficios a montóns.

Estribillo

Felipe e o seu goberno
pasáronse á patronal
e por eso nos paramos
o catorce do Nadal.

Estribillo

Precarizan o traballo
co emprego xuvenil
contratannos en xaneiro
e bótannos en abril.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages