1991

Cancións

Que Nos Quiten lo Bailao

Querían eles sair de pobres
eran amigos do bon vivir
na prensa se viron os Gerra
dala do Guadalquivir
e nos papeles e pola radio
falóuse moito do seu “affaire”
e o Alfonso despois de un ano
dimitiu do seu poder.

Presentache a dimisión
presentache a dimisión
e vaste meter toreiro
din que vas facer cuadrilla Estribillo
con Palop e con Naseiro
xa era hora so lambón
que fixeras algo serio.

Executivos foron chamados
para tomarlles declaración
chanchullos, negocios, xuzgados
mangantes e corrupción
e aproveitando a gerra do Golfo
a o seu nome fíxolle honor
e marchóuse pola traseira
sem unha explicación.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

A Guerra dos Contos

Moi duros ecos de gerra
veñen de Mesopotamia
o moro que se levanta
e o imperio contraataca.

Expertos en gerras santas
comentan con emoción
o gran progreso da ciencia
pra matar con precisión.

A guerra
nunca foi solución
señores Busch e Sadam
apelo a súa conciencia
e manden
os seus cañóns a calar
que cese a intransixencia
e que prevalezca a paz.

Negros mares de petróleo
para Simbade o Mariño
mil e unha noites de medo
nas terras de Aladino
nenas e nenos correndo
polas rúas de Bagdad
por se atopan un refuxio
na cova de Alí Babá.

Cabrones
cando ides a pagar
tantos contos que matades
tanta bomba e tanto lume
cabrones
tanto cinismo e crueldad
¡Esta guerra non e conto
e témola que pagar!

Escoita…

Sen audio!

Non Á Guerra, Golfos Fóra

Sito Miñanco en Cambados
vestíu de abaixo ata enriba
todo equipo de fútbol
ca pasta da cocaína,
oxalá que os traficantes
reventen dun atracón
coa nécora que lles trouxo
o xuiz señor Garzón.

A ver a ver
quen vai selo primeiro Estribillo
dos sinvergüenzas
que acabe no caldeiro.

Non lonxe de aquelas terras
fuzando nun chafarís
un porco de pata negra
morreu cego de “jachís”
onde coño imos parar
con tamaño disparate
seique ceban os marranos
a base de “chiculate”.

Se no paseo das Pontes
queres os cartos meter
faite socio da señora
do que detenta o poder
non temas as restriccións
que impoñen do plan xeral
pois se poden negociar
na alcoba matrimonial

Estribillo

Por fin Gerra dimitiu
non cabía mais demora
ante o clamor popular
non a guerra e Golfos fora.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

O Cocho Fumao

Aí ven o cocho fumao
movendo o rabo de lao
dándolle a coca
epoñéndose morao.

Teño un cocho que lle gusta moito esnifar
todos lle din ó velo pasar
¿cocho a dónde vas?
vóume a colocar
cun raión.

Sempre pon o fuciño a esnifar
sempre pon o fuciño o pasmón
imos ter eu ferrar o animal
este porco non tem solución.

Ai vai o cocho sonao
xa leva a súa ración
no San Martiño
moito vai costa-lo xamón.

Teño un cocho que lle gusta moito esnifar
todos lle din ó velo pasar
¿cocho a dónde vas?
vóume a colocar
cun raión.

Escoita…

Sen audio!

El Graduado

Dous anos levan pasados
con Fraga de presidente
e a os grandes tgemas de hoxe
non lles meteron o dente.

Os funcionarios da Xunta
se atascan en Santiago
desde as sete da mañá
pra chegar cedo ao traballo.

Manolo, chegaches a presidente
e non paras de choiar
non me seas repelente Estribillo
Manolo que non te podes queixar
segue o exemplo de Alfonso
xa te podes xubilar.

Entre viaxe e viaxe
a Portugal e a o extranxeiro
Fraga vaise a Madrid
a rosmar nun ministerio.

Logo os periódicos din
que consigue moitas cousas
pero en Galicia seguimos
viaxando por corredoiras.

Estribillo

Os “licópteros” se alquilan
a precios que meten medo
pero aquí ninguén resolve
o problema dos gandeiros.

E mentras contan historias
de logros e transferencias
os galegos continuamos
sempre coas mesmas lerias.

Escoita…

Sen audio!

Perto de Ti

Xa non imos a ter en Galicia
mais problemas de comunicación
porque nos van a facer as autovías
que xa nos din que son a solución.

E anque eles non deixan de falar
ao pobo soio lle queda cantar
alá pra o ano dous mil cen
haberá autovías
os nosos netos pode ser Estribillo
que as vexan un día
pro fin do século que ven
haberá autovías
e van facer doble carril
da Coruña a Madrid.

Os prebostes parecen vellas tolas
anunciando a inauguración
pero ainda non comenzaron as obras
porque eles sempre viaxan en avión.

Estribillo

Onde coño andarán as maquinarias
e os peritos que fan a medición
andarán todos perdidos polo monte
ou nun despacho no Pazo de Raxoi.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages