Escoita…
2002
Cancións
A Hernia de Romualdo
Este Antroido Os Maracos
cumplen outro ano mais,
e con este xa van vinte
e non paramos de carallar.
Pero este ano nos falta
un personaxe vacilador
que se perde o Entroido
por unha hernia
que lle tocou “os collóns”.
E cousa moi importante,
que Romualdo recupere a saúde pronto,
para que o vello Irixoa
poda seguir coa sua tradición
para levar isto a cabo
un ciruxan precisamos
para operar a Romualdo
e que saia ben desta actuación.
Está no Xoan Canalexo
tirado nunha cama,
paseando polos pasillos
e agardando ó ciruxán.
¡A ver se chega o paisano!
exclama Romu, resignado
pra marchar cediño,
eu cos Maracos “forever”,
sempre mamá.
E Susa lle recrimina:
¡Mira fillo que ti tes medio “sijlo” xa,
hai que andar mais amodiño
deixa eses trotes xa!
Apúntate no Inserso
e pide a xubilación
e faille caso a túa nai
se non queres levar
“¡Un Baticón!”
Adeus á Rubia
Valjame Dios xa se marchou
Adeus a rubia que xa nos deixou.
Valjame Dios sa se marchou
beb bibutula e un pouco putón.
Con novo euro e facil trabucarse
mais pola conta da vella sacarei
que si agora dez mil son senta
e non me falla a regla do seis
non me van dar por cen pesos mais de tres.
Adeus adeus meu corazón
chegou o euro no ano dous mil dous
e dende entón sen solución
ando co peto cheo de patacóns.
Cando se fala de miles de millóns
con referencias compre calcular:
o de Camacho e os Gimenez Reyna
redondeando mil pelas por seis
resulta en euros…unha barbaridad.
Rato, Montoro e Pichel
nada ca estafa tiveron que ver
a Gescarteira vao os tres
por escoitar as cancións de Morey.
Tampouco a ONCE se pringou
para blanquear xa lle chega o cupón
ningún obispo se enredou
se non e certo NON me leve Dios.
Adeus adeus meu corazón
chegou o euro no ano dous mil dous
a ver si ven ca solución
pra rematar con lambóns e chupóns.
Escoita…
Larpeiros
Larpeiros, centos de gaiteiros,
botafumeiros na TVGA
Piñeiros, Fragas e Cuiñas
verdes campiñas na TVGA
Filloas, festa da pataca,
ningún problema, ningunha tranca,
pois nas terras de Galicia
todo é ledicia, beber e papar.
Asombro do mundo enteiro
eche o noticieiro desta TVGA.
Fraga, alcaldes, conselleiros
con persoeiros do PP
Manolo Fraga inaugurando
por quinta vez o mesmo tren.
Unha cousa sorprendente
Fraga con Beiras comendo ben.
Fraga que andaba herniado
mais o ciruxano deixouno moi ben.
De remate Paco Vázquez para que non
digan que todo e PP.
Termináchela carreira
E por enriba de merecelo queres traballo
¡Manda carallo!
escoita a TVGA
Hai moi poucas Residencias
e son escasas para os ancianos as prestacións
¡ay que collons!
Que vexan a TVGA.
O Racing, Compos, Deportivo
Celta de Vigo metendo Gol.
Pandiani, Karpin e Djalminha
¡Fútbol galego é campeón!
Os programas da cultura
con sentidiño saben coidar
e nas tardes de Ana Kiro
os mais atrevidos poden opinar.
Fraga, Luar, Karaoke.
A Misa os domingos
E punto final.
Se vai aumentando o parao
e a folga chaman os sindicatos
con fundamento
pois de momento
non sae na TVGA.
Se protestan estudantes
e mallan neles cos seus funguerios
os policias
¿quén o diría?
Non sae na TVGA.
Escoita…
Novo Milenio Empezou
Novo milenio empezou
e sen maior novedad:
unhos cantos a morrer
e outros cantos a matar.
Na relación mundial
tamén seguimos igual
o sheriff Bush a mandar
e todo o mundo a achantar.
O que de mozo era un vaqueiro borracho
medrou
o que por Texas tantas penas de morte firmou
hoxe no conto da globalización
é lider do mundo, faro das nacións.
Esto das torres alguén vai pagalo berrou.
E sen dudalo a corneta de guerra tocou
polo progreso e a paz mundial
arrasou Afganistan na busca do talibán.
Bin Laden non se encontrou
pero non estivo mal
pois lle deu un empuxón
á industria militar.
Aproveitando a ocasión
xa que son tempos das dar
na Palestina oriental
segue a dar caña o Sharón
Aznar que andaba coa Gescarteira ocupado
tapando buxeiros dos vellos socios de Rato
a Güasigtón cursou un email:
te mando unhas tropas e logo falamos.
O Zapateiro como sempre quedouse calao
a oposición é un negocio sereno e pousao
cansado xa de tanta tranquilidade
baixou de pronto a Rabar para costiño mercar.
A cousa non foi a mais
quedou pechada a cuestión
o rodillo demostrou:
que non goberna un ladrón.
E xa para terminar
vai quedando pouca lus
como fixo antes Blairr
veu de visita Yehorrs Bush.
Rajoy levaba con salero a maleta do Bush
o Pio Pio riendolle as lerias do Bush
Piqué non para co seu tic no pescozo
por pouco lle chimpa cos cornos un ollo.
Aznar convida no rancho a un magosto co
Bush
a banda enteira xa se corre de gosto con Bush
aquí estamos a o que gustes mandar.
Ata lle diu un plis plas
o pobre Marichalar.
Ata lle diu un plis plas
o pobre Marichalar.
Ata lle diu un plis plas
o pobre Marichalar.
Escoita…