Escoita…
2001
Cancións
Marela Caníbal
Manolo Fraga Iribarne
tolearon as marelas.
Por culpa do aspergilus,
a malvada legionela,
misturados cos priones
espallados polo inglés,
piores que as radiaciones
Que bota o Tyrelés.
Non trisca nos prados, non ve nunca o sol
Prográmanlle o leite por computador
Danlle a comer carne e a preña un doutor
Non e cousa rara que a vaca canibal
Perdera a razón.
Xa moitos non queren carne,
non fían do Badiola,
As vacas están que arden
como o liño da Loyola
Por se acaso algún gandeiro
require negociacións
Fraga ten bo conselleiro:
Diz Guedes ” O Zurrador”
Moreas de vacas, enriba un camión
Dirixe Cañete, conduce o Cochón
Na noite o Cuiña fai de enterrador
Mais xunto a Mesía,
xa rompendo o día
A Garda os trincou.
Aznar, que “cosita”, menudo follón.
Mira que dan voltas co do chuletón:
Que o churrasco si,
que o churrasco non.
Moitos do governo, en vez de cerebro
Teñenche un prión.
El de la Camisa Azul
Que te pasa chiquillo que te pasa
te levas ben con Fraga
e repartes leña en casa.
E proclamas que Unha Grande Libre!
Nin que foras falanxeiro,
dispensando na tua cara
¿Virasche a camisa azul,
despreciache a colorada?
¡Virxen santa que inquietud!
xa non nos extraña nada:
Gostabas ti presumir
De fervor republicano
Mais agora vas de Sir
Do Imperio Anglicano
Se comentan rapaces nunha escola
Articulos de prensa
que critican teus fervores
Aldraxado por tanta irreverencia
Chamas a policia
que che prenda os profesores
Un Pirulí de cristal
Pendurado sobre tubos
Non é unha Catedral,
nin é a Muralla de Lugo
Deixa pois de alardear
e colgarte medallons:
A Coruña é con “A”
Mete o “L” nos Lacons
Escoita…
Os Mandadiños
Anuncian xa agora
facer sen demora,
cara ó centenario
da Hispanidad
moitas inversións:
miles de millóns,
pois todo o país
van modernizar.
Con locomotoras
a dous mil por hora
centos de autopistas
cruzando a nación.
A Galicia mandan
para que milloren
nosas corredoiras
catro patacóns.
Estribillo:
E os conselleiros da Xunta
caladiños sen chistar
mandadiños do carallo
nen valen para cagar.
Mandadiños vos quero
pola vosa promoción
ó deseño de fungueiros.
Mandadiños vos quero
vos garde-la pureza
do millor lacon con grelos.
Mandadiños vos quero
¡Que se fodan os de fora!
Con estes conselleiros
todo o ano nos teremos
os antroidos
mais grandes de Europa.
¡Vaia virguerías
da tecnoloxía!
¡Qué modernidades
están a montar!
Semiconductores
para ordenadores
a tele por cable
e sinal dixital.
Cargar cas bombonas
vai pasar de moda
ó poñe-la rede
de gas natural.
Aquí nos instalan
para que os cheiremos
vinte celulosas
e un alcolital.
Escoita…
C'est Fini (Nova Versión)
¡ Hai que foderse !
¡ Hai que foderse e calar,!
e os Conselleiros
din que dimiten
pero siguen a chupar.Gandeiro se pensas un pouco
o futuro, que che esta por vir;
cambiarias as vacas por burros
e se queren leite
! que os veñan muxir !
Estribillo.
Reconvirten o campo en industria
xa non queda maís que convertir;
os barquiños que os tiren a pique
currantes ao paro
e preñadas parir.
Estribillo.
Si así pensan as súas señorias
que o futuro nos vai sonreir;
que se baixen da burra ¡ señores !
se non hai traballo:
chupar “C’est fini”.
Escoita…