1995

Cancións

Isto é Marabilloso

Escoita…

Sen audio!

A Trincadeira Nacional

O baile da Trincadeira
vai medrando cada día:
Trincan capos e banqueiros,
tamén trincan policías,
ministros e conselleiros,
tamén algún concellal;
trincan moitos felipistas,
tamén trincan os de Aznar.

Estribillo.

Trincar, trincar
trincar na trincadeira nacional;
trincar, trincar,
trincar: o novo baile señorial.

Chegando xa o fin de siglo,
na comarca do ribeiro,
fabricaron espumosos
amigos dun conselleiro;
etiquetas suntuosas,
decindo que era champán
pero era “gasiosa”
con polvos de “Salfumán”.

Estribillo.

Seguimos sen autovías,
o ferrocarril morrendo.
Autopistas sen peaxe
se quedaron no proxoxecto.
Cando salgas de viaxe
vai pensando se dudar
ó facela equipaxe
canto vas apoquinar.

Estribillo.

Esmorecen as industrias,
quedamos sen asteleiros.
O leite sufrindo a cuota,
os barcos sen caladeiros.
Pero nosos Conselleiros
todo van solucionar:
andan buscando petróleo
frente a Guardia e Portugal.

Estribillo

Nosa Xunta e xenerosa
cas súas financiacións.
Otorgáronlle a Foinosa
unha “Mega subvención”.
Electrocutan aldeas
cos diñeiriños de aquí;
e ca maleta ben chea
se trasladan a Madrid.

Estribillo.

Se na Xunta de Galicia
convocan oposicións,
para conseguir traballo
non te fagas ilusións:
anque vaias preparado
non contes con aprobar,
son para os recomendados
do Partido Popular.

Estribillo.

Se chegan as elecións
non me alarmo nen me altero
compren poucas reflexións
para lle atopar remedio:
Nen os socios de Felipe
nen a dereita de Aznar,
para chimpar tanto golfo
mais a esquerda hai que votar.

Estribillo.

Escoita…

Sen audio!

O Sr. X estaba de Veraneo

Nunhas contas misteriosas
meten cartos a moreas,
venderon a suas rosas
canto lles daran por elas.

Teñen fondos reservados
que manexan con ledicia,
fan negocios agachados
e burlanse da xusticia.

Estribillo.
O señor ” X ” da trama,
non me engana a fantasia,
veranea por Doñana
gardado por policias;
gardado por policias
veranea por Doñana;
O señor “X” da trama,
é un gran Cantamañanas.

Tirando de talonarios,
de contas nada correntes,
os que tiñan que gardarnos
fixeronse delincuentes.

Cen anos foron honrados
eran tempos proletarios,
doce anos gobernando
agora dson millonarios.

Estribillo.
Pombiña, voa pombiña;
mira se ves a Roldan,
se sabe ou adiviña
quen mandou montalo GAL.

Teñen un cacho fuciño
como o Xabarin do monte :

¡ Acudideme Veciños !.
¡ Hai que prender ese home !.

Escoita…

Sen audio!

A Boda do Ano

Casanse este ano en Sevilla
dous bolos de pasta fina
ela vai sen levedar
a él caiselle a petrina.

Estribillo.

Se o neno e listo,
será de él :
se sae tonto
ira pra rei.

Elena monta a cabalo
e manten moi ben o trote
¿ Que vai facer o Xaimiño ?
cando se poña a galope.

Estribillo.

Se fan apostas
de un a tres
a que ela monta
mellor que él.

Cabalo que se desboca
pegalle forte ca fusta,
metelle un pouco de espuela
¡ Ai demo como lle gusta !

Estribillo
Con tanta espuela
e tanto saltar
como relincha
O “Marichalar”

Cuatro jinetes parten para Bonanza …..

Pra saber cousas de amores
estan facendo un cursiño :
A gemio dalle consellos
nun pornografico video

Estribillo

Se fan apostas
de un a tres
a que ela monta
mellor que él.

E no deporte da vela
quen vai leva-lo timón,
Cando sople a sotavento
Elena ponte Condón
Elena ponte condón, pon
ponlle condón Elena .

Escoita…

Sen audio!

Hasta Logo Rúa do Loro

Subindo por Panaderas,
e cara a Praza de España
atópase o Papagaio – meniño –
onde afloxan as bananas.

Por esta rúa pasaron
moitas forzas populares,
tamen os gardas civis -meniño-
os cregos e os militares.

Ai Papagaio,
Ai ricas niñas,
alcaldes e concellais
xogaron coas puntiñas.

Solorzano o farmaceutico
a todolos atendia,
pola tarde, pola noite -meniño-
a todas horas do día.

Os galenos atoparón
pra darlle unha solución,
poñerse un bo chubasqueiro -meniño-
que lle chamaron condón.

Ai papagaio,
Ai que atención,
cantas bocas alimentas,
que boa manutención

Dominan ciencias exactas
con cuantiosos beneficios,
falan linguas estraxeiras – meniño –
frances, grego son de oficio.

Agora a causa das choivas
nolo queren derrumbar,
donde paserei as noites -meniño-
donde me irei a quentar.(A Cesar con cariño)

Ai que tortura,
ai que tormento,
esta auga esta moi fria
e o bidé esta vertendo.

Recórdome da Orensana,
que ca chave nos pegaba,
e na cama nos decia -meniño-
son trinta coa toalla.

Marilin e a Corrosca
forón da xente importante,
pasarón pola entreperna -meniño-
a mais de un militante. (de esquerda)

Ai que tortura,
Ai que tormento,
levádelle auga o catro
que xa reventou por dentro.

Dominan algunhas linguas,
o amor lle dicen “LOVE”,
i en canto a botalas contas -meniño-
triunfa o sesenta e nove.

Taollas, preservativos,
lavaxes e palanganas,
eran estos instrumentos -meniño-
de sua vida cotidiana.

Ai Papagaio,
Ai que non mexo,
quen me mandaria a min
mete-la nese conexo.(puristas leer coello).

Escoita…

Sen audio!

Plato de Callos en Alcalá Meco

Coa fiambrera de callos
que cociñou con amor,
unha muller vai sentada
con coidadiño
nun gran “Rolls-Roice”.

Os cartos van en Suiza
meu home está na prisión
por culpa do señor “X”
que anda buscando
o xuez Garzón.

Estribillo.

¡Canto bache hai!
¡Señor condurctor,
cambie por favor
unha marcha curta!

¡Qué pena será!
¡si se vai ciscar
o que quer chupar
un preso
sin culpa…!

¡Logo sairá!
no cárcel está
por patrimoniar
fondos reservados.

¿Menos vai durar
a encarcelación
que unha indixestión
dun plato
de callos….!

Hai xente nos altos cargos,
como o “Mundo” publicou,
que andan moi esfurricados
por uns informes
do xuez Garzón.

Bicarbonato por kilos,
de moi grave indixestión
lle recetan a Felipe
os diputados
da oposición.

Estribillo.

¡Qué barbaridá
que o señor Aznar
mascara antigas
teña que levar
a partir de agora!

Da ventosidá
por putrefacción
que tirou Pujol
en toda
Moncloa!

¡E para rematar,
o colesterol
que istes callos dan
vai a infartar
hasta media Europa…!

¡Das is wonderbar! (Das is bundabá)
¡I´st a wonderful! (Is a bonderful)
¡Ça est ,merveilleux! (Sa es mervellé)
¡Cociña
Española… !

Escoita…

Sen audio!

Cousas de Eiquí

Din qque aquí na Coruña
imos quedar sin roer,
porque na rúa Tabares
andan as casas a caer.

Pero non vos preocupedes
PACO xa ten solución:
Vainas a mandar a “Todas”
para a TORRE do espigón.

¡Carallo,
ca nova “lei de alugueres”
que seica lle pon foguetes
ao precio dos alquileres.

Os vellos,
cabreados e con razón,
despois de paga-la renda
non lles queda un patacón.

O PACON foi ó oculista
ten problemas de visión,
pois fanlle un aparcamento
sen que se entere o mamón.

Mentras fan os seus amigos
en MATOGRANDE o furado,
o Pacon conta na casa
o beneficio ganado.

¡Carallo!
Que pasa co DEPORTIVO
que como siga así a cousa
non imos gañar partido.

No campo
non marca goles Bebeto,
porque o zorro plateado
fai “cerroxos” por decreto.

E para o ano que ven
imos andar en TRANVIA
veremos quen o inaugura
Felipe o José María.

E no MUSEO DO HOME
din que van confeccionar
a Gioconda con “afotos”
de xente de aquí e de alá.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages