1994

Cancións

Me Importa el Tour

Que nos deixen sen traballo toda a vida
e que o paro nunca nos vaian pagar
se O Depor queda campión na liga
e se España gana en U.S.A. o mundial.

Que se queden en Banesto sen pesetas
que entre todos as teñamos que palmar
mais que deixen a Indurain ca bicicleta
que no Xiro e no Tour non ten rival.

Estribillo.

Me importa el “El Tour”, “El Tour”, “El Tour”
e nada mais que “El Tour”, “El Tour”, “El Tour”
me importa el “El Tour”, “El Tour”
e solamente “El Tour”.
Non me veñan con problemas
que me poidan desempaponar.

Que nos enchan de basura a economía
que os rapaces sexan carne de cañón
que se perdan mil empregos cada día
se os busca pola tele LOBATON.

Que se meta no traballo o terrorismo
disfrazado de reforma laboral
que se case ca dereita o socialismo
que se deite o Felipe co Aznar

Estribillo. (A fartar)

Escoita…

Sen audio!

Felipe, Dime Felipe

Agora que alá en Italia
as barba andan a afeitar,
xa é hora de que Felipe
poña as súas a remollar.

Cunha operación “MANS LIMPAS”
en España íamos ter
as cadeas cos Gobernantes
cheas a mais non poder.

FELIPE,
¿Qué pasa con Asunsión
que seica oa Gardas Civiles
puxeron no cú un tapón?
Os Gardas,
andan con gran precaución
porque os presos lle avisaron
que o ANTONI tenche “plumón”.

I en FILESA o BARBERO
anda metendo os fuciños,
si os queres meter na cárcel.
¡Levala clara machiño!
neste país de momento
sigue a chama-la atención
que os que rouban dende enriba
non rematen na prisión.

FELIPE,
¿Qué pasa no PSOE Galego?
¿Quen lle roubou o sillón
a TONTOLIN SANCHEZ PRESEDO?
Foi PACO
con Nogueira o “Home de Palla”
cobrando do Axuntamento
cartos e cartos a esgalla.

E co da crisis chegamos
ao fondo do “Culebrón”
os empresarios contentos
¡E non lles falta razón!
para arranxar o do parao
xa atoparon solución:
precarizar o emprego,
e pagar a patacón.
FELIPE,
despois de que a ti te voten
dinos que va a pasar,
¡sei que vai vir Aznar!
¡Carallo!
este ainda e máis lambón:
non vai topar traballo
nin o PACO LOBATON.

Escoita…

Sen audio!

Caca de Can na Coruña

Pa, Pa, Pa, Pa, Pá
Pa, Pa, Pa, Pa, Pá
Pa, Pa, Pa, Pa, Pá
Pa, Pa, Pa, Pa, Páa.

Mira “PIPE”
que nos somos banqueiros,
os currantes
pra levantar Banesto.

O diñeiro
que falta no “burato”,
Teno “Conde”
e outros tres ou catro.

Hai que
o éxito do CAMBIO.
¿ Onde vai aquel traxe de pana ?
¿ Onde estabas o día que oubo folga ?
No Chalé
que tes en Somosaguas.

Estribillo
Caca de can da Coruña
de Madri leva camiño
caca de can da Coruña
pros bonsais do Felipiño.

Hai que esterca-los bonsais
simbolo do socialismo
os unicos que non medran
a sombra do “Felipismo”

Pa, Pa, Pa, Pa, Pá ….

Salanueva
Roldan, Mohedano,
resultado
do “Cambio do Cambio”.

Xa compiten
cos hermanos “Guerra”
que xa levan
dez anos “Cambiando”.
¡ Auxilio …
que me mangan un cuadro,
dun home
con un tricornio dourado !.
¡ E deteñan
señores da xusticia,
ese jagüar
do señor diputado.

Estribillo
Caca de can da Coruña
de Madri leva camiño
caca de can da Coruña
pros bonsais do Felipiño.

Hai que cambia-lo país,
hai que lavarlle-la cara
hai que deixar de chupar
¡ senon quedamos en bragas !.

Escoita…

Sen audio!

Outra Casa de Irene

En Estados Unidos
se puso de moda
a todo mal marido
hacerle la poda.

Cuidado al menearte
anda con tiento
si se queda mirando
para el sarmiento

Estribillo:

Caranga, caranga y toma
caranga, caranga y ya
es una fruta prohibida
difícil de cultivar.

En toda gran faena
el toro bravo
amen de las ovejas
quedasin rabo.

Y si a pesar de todo,
estando al quite,
consigue ella cortarlo,
ponte “Loctite”.

Estribillo:
Caranga, caranga y toma
caranga, caranga y ya
no te hagas el bovino
pues te la PUEDEN CORTAR.

Y si no te funciona
no tengas miedo
que en el “Juan Canalejo”
lo ponen nuevo.

Siguete meneando,
querida Irene,
siguete meneando
que ya me viene.

Estribillo:
Caranga, caranga y toma
caranga, caranga y ya
si te encuentras indispuesto/a
agua fría y a sudar.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages