Escoita…
1993
Cancións
Xa Vou Agora
Ven práctico a guiarme
que o barco se me escora
e xa non vexo nada
da proa para fora.
Estribillo.
Vai vindo, vai vindo, vai vindo
que eu xa vou agora.
A noite era moi negra
e o barco a cen por hora
guiñou a sotavento
e afociñou de proa.
A cousa está que arde
hai, vintecatro horas
¿ Qué pasa cos bombeiros ?
non ten presión a bomba.
Estribillo.
E xa a marea negra
abarca as Rias todas
pobres berberechiños
pobres mariscadoras.
Miña barca de vela
miña remolqueadora
heiche facer-la casa
onde non cheguen olas.
Estribillo.
Aqui non pasou nada
chora a gobernadora
o barco ia moi vello
xa lle chegara a hora
Non teña medo a xente
di Paco na emisora
que vai para Ferrol
a nube abafadora.
Estribillo.
O Erkovick primeiro
segundo o Urquiola
despois foi o Casón
o Mar Egeo agora.
E todo segue igual
e ninguén o millora
habia que capar
ós que os barcos controlan.
A Década Prodixiosa
Felipe Gonzalez Marquez
o da cariña morena
levas o puño engrasado
a rosa mesmo da pena,
pringue de charcuteria
de reparto desigual :
” Unto ” e Xamón para poucos
touciño rancio os demais.
Se leva
Moi ben ca mafia dos Guerra,
cos que amasarón millóns,
ten negocios cos banqueiros,
Se entende
Co Arzallus e Pujol,
pero se cheira un obreiro
exclama ¡ sielo que horror !.
O seu enano Solchaga
bufón da economía,
da os delicuentes do fraude
moi graciosas amnistias,
mentras que vai pregoando
que obreiros e funcionarios
se impoña despido libre
e recorte de salarios :
¡ Que magoa !
se dimitira Solchaga
facendo como Boyer
seguro que non o queren
Na nosa
tan deliciosa ” Jet Set “,
por se lles mexa nos tiestos
ou lles caga nos bides.
¿ Que foi daquela camada
daquelas caras bonitas
das chaquetiñas de pana
do talante progresista ?
Os chocholistos se afanan
negociando en Ibercop
os tontos andan en iate
os burros conducen rolls.
Foron dez anos queimados
como foron os pitillos,
foron dez anos de industria
arrasada co rodillo,
foron dez anos gastados
en fastos e despilfarro,
foron obreiros parados
a golpe de decretazo.
¡ Que espanto !
non hai vegoña pra tanto
negocio de zascandil
mentras mozos sen empleo
Quedaron
esperando a velas vir :
Xa non atopan traballo
nin para garda civil
Escoita…
Cadea de Fume e Lodo
Que me prendan os que mandan na marina
por non controlar nas Rías
os barcos que entran e saen.
Que me collan os magnates petroleiros
que por gañar mais diñeiro
pasan da seguridade.
Deteñan os navegantes
que por limpa-los seus tanques
enchen o mar de tal xeito
de lixo e de porquería
que xa non queda nas Rias
nin un polbo nin un berberecho.
Que arresten os que permiten
que un barco se vaia a pique
por non levar un remolque
e un practico que ande o quite
que os collan polo pescozo
e que postos de sionllos
lles fagan limpar as praias
ca lingua todo o petróleo.
Que me prendan a eses polos
e que non salgan con vida
da carcel de fume e lodo.
Escoita…
O Santo Ano de D. Manuel
Que felices imos ser
este ano do noventa e tres
Xulio Iglesias vai cantar
dara a bendición su santidad.
Estribillo
Manoliño vaise xubilar
vaise xubilar, vaise xubilar.
Velai vai ¡E que marcial !
camiñando cara a catedral
os xunteiros van detrás
cen larpeiros e cen langráns.
Estribillo
En darlle o botafumeiro
todos queren ser os primeiros
permítame meu señor
que lle calce os seus zapatons.
Estribillo
Que gusta na Xunta estar
sen ter mais que se preocupar
de papar e viaxar
e de cando en vez a figurar.
Estribillo
Todo o ano imos folgar
non teremos xa que traballar
pois a este paso que van
toda a industria se vai a pechar.
Estribillo
Con esta Xunta ruin
co mar negro e o ceo gris
teremos chungo o porvir
ata vai fuxir o peregrin.
Estribillo
Escoita…
Os Maracos
Na tarde umbría se alza un murmullo
¿Son melodías tal vez unha canción?
de pronto xurde a banda de choqueiros
xoio se escoita un gran follón.
Maracos, maracos, maracos,
que ripios tan desaforados
maracos, maracos, maracos
tan cedo e xa tan borrachos.
Habrá que velos alá de madrugada
para ir a casa pedir remolcador.
Hai nos Maracos curas obscenos
monxas preñadas, alcalde corruptor
ca teta o aire se viu a Chicholina
tamén toureiros e ata Colón.
Maracos, maracos, maracos
¿Cando imos sair de Romanos?
Maracos, maracos, maracos
non pasa do próximo ano.
Son Os Maracos algo machistas
falan de amores con aire fanfarrón
pero ai rapazas cando se excitan
xoio lles sube o colesterol.
Alternativa para /a
Son as Maracas moi feministas
pasan de amores con aire socarron
pero ai rapaces cando se excitan
poden deixarvos sen requesón.
Maracos, maracos, maracos
sei que xa vos pesan os anos
Maracos, maracos, maracos
parece que vas acabado.
Os teño visto ver de retirada
co instrumento fane e descangallado.
Son bos amigos de andar de esmorga
un bo groliño non van a rexeitar
o que lles gusta e a farra solidaria
e compartir a libertad.
Maracos, maracos, maracos
ainda que pasen cen anos
maracos, maracos, maracos
non digas que vas acabado.
Os teño visto fane e descangallados
pedindo guerra volvendo ó carnaval.
Escoita…
En La Casa de Irene
En la casa de Irene,
entre un inglés,
que por catro pesetas,
quería comer.
E Irene lle dice:
non pode ser,
que aquí non se traballa
pra o inglés.
Si tu madre no quiere
que tengas novio,
que te meta en la urna
de San Antonio.
Caranga, caranga y toma
caranga, caranga y ya;
es el indio el que lo baila,
se lo voy a demostrar.
Siguete meneando
querida Irene,
siguete meneando
que ya me viene.
Escoita…