1992

Cancións

Asuca Canela e Cravo

Para Indias marchóu Colón
eran terras moi lonxanas
e non atoparon especias, meniño
se non “Mangos e Bananas”.

Asuca, canela e cravo
aparte do pimentón
eran poucos condimentos, meniño
pra esa tripulación.

Estribillo

Ay que tortura, ay que tormento
se non fora por Colón
os callos sen condimento.

Cando Colón viu as plumas
berrou de satisfacción
¡Qué plumas as desas indias!, meniño
baixar todos o calzón.

Colonia rica colonia
imos todos a cheirar
a entreperna destas indias, meniño
maruca para salgar.

Estribillo

O vaivén do oleaxe
excita moito aos “Pinzóns2
e cando chegan a terra, meniño
do mareo ven visións.

Estribillo

Ay que tortura, ay que tormento
ter que viaxar tan lonxe
para tal descubrimento.

Escoita…

Sen audio!

Xa Mo Daba o Corazón

Aquela viuda que fai cancións,
a que vendéu o seu dolor.
Aquela que perdéu pudores,
antes de perde la flor.

Hoxe lamenta con voz amarga,
por unha copla que anda a correr,
pois se pregoa na copla infame
¡¡Que lle gusta unha muller!!

Estribillo

¡¡Xa mo daba o corazón!!
Non eran para oir a radio,
non eran do transistor.
¡¡Tantas pilas que gastaron
non collían nun bidón!!
¡¡Eran dun consolador,
de uso comunitario!!

Se a Pantoja lle saen picores
polos amores da Encarnación
que nadie se espante, señores,
se o tema te difusión.

Daría gusto velas xuntiñas
facendo cousas que dan rubor:
¡Ai non me mordas…!
-Non chupes tanto…!
….Que me fas un moratón.!

Estribillo

Recitativo:
Non era rabo de touro
o cas mulleres comían,
cando sentáronse elas
ca radio ben encendida:
eran bicos e arrumacos,
¡¡ Era unha grande tortilla!!

Escoita…

Sen audio!

O Outro Huevo de Colón

Das cousas raras do Quinto Centenerio
outros países fan investigación.
¡Tantas miserias con gasto estrafalario
que se disfrazan de cara ó exterior!

O “ NON PLUS ULTA” de toda a chulería,
en este choio puxo a Administración.
Teñen un morro que chega hasta a rodilla;
nos chupadores “NUNCA SE PON O SOL”.

Estribillo

Do centenerio preguntan, señores,
que hai de certo dun tal Cristóbal Colón.
Se tivo “asunto” cos irmaus Pinzones;
se era de Corme ¡ ou naceu en Nova Iork!

Se a nao Victoria flotou algún día.
Se o rei Fernando cunha mora se liou;
e se esqsuiaba na Sierra Nevada
e, se esquiando, unha perna quebrou.

Os reis de entonces “católicos” estaban,
(non inventaran a caste Borbóns).
Os barcos de ouro de América chegaban,
co resultado da evanxelización.

O “NON PLUS ULTRA” de toda chulería,
en este choio puxo a Administración.
Tiñan un morro que lle chega hasta a rodilla,
nos chupadores “NUNCA SE PON O SOL”.

Estribillo

Co “TANTO MONTA, MONTA TANTO”,
o Frai Cisneros un día se cabreou:
– ¡Que todos monten xa me fode tanto!
– ¡Se eu non me como nin rosquilla nin roscón!
Se os nativos camados “INFIELES”,
xa se esquenceron daquela exterminación;
e se os frades montaban en llamas;
ou era hernia o do “HUEVO DE COLÓN”.

Escoita…

Sen audio!

¿Quen Son os Responsables?

Se gastarón cen millones
en facer a Nao Victoria,
e saliu ben xeitosiña
maís o malo e que non flota.
Ninguen foi o responsable,
todo e cousa de un mal fario;
¿ Sera a vinganza do Inca
polo Quinto Centenario ?.

Estribillo.

O tren de outa velocidade
xa non sae da estación
poruqe na RENFE, seus dirixentes,
lle venderon o motor.

Traspasaron o INSALUD,
a cousa non foi sin tempo,
pero non trouxeron cartos
para sanalos enfermos;
van colgar un carteliño
na porta do ambulatorio:
” Se suspenden as consultas,
non quedan supositorios “.

Estribillo.

Faremos pisos baratos
dixeron nas eleccións
agora que xa votamos
pidennos vinte millóns
Nas Pontes e Mato Grande,
lle decimos ó alcalde,
en vez de facer negocios
faga vivendas sociais.

Estribillo.

¡ Onde imos a parar !,
xa non se respeta nada:
nen a intimidad da xente
nin a pata do monarca.
¿ Non sera un mal augurio
pra que estemos preparados,
que o noventa e dous empece
co Borbón escaiolado ?.

Estribillo.

Xa non camiña, xa non camiña,
xa non pode camiñar,
pois o monarca rachou a perna
por non saber esquiar.

Vaia tempos que corremos,
quen non chupa sei que rouba,
non te podes nin fiar
das tetas de silicona.
Xa chegaron Os Maracos,
meus neniños apartade;
sei que traen un carriño
de outa velocidade.

Estribillo.

Escoita…

Sen audio!

Ventos de Cerca, Ventos de Lonxe

Despóis de moito esperalo,
aquí está o noventa e dous;
chegou preñado de eventos,
tamén trae ventos de corrupción.
Para o Quinto Centenario
un seminario celebra,
para mostrarlle ó mundo
o mais fecundo do inxenio nacional.
Sobre a banca paralela
darán en Compostela unha lección maxistral,
con trama de fraude ó I.V.A.
diñeiro negro e forte evasión de capital.
E non esquencen
a compra-venda da RENFE.
Nen como defrauda un Conselleiro
ocultando ó fisco seus diñeiros.

Seique varios funcionarios
descubriron un filón,
vendendo a publicitarios
cintas secretas de información.
Como cunda moito a moda,
xa nengún “Hola” van vender:
Daslle a computadora
e xa te enteras do da Encarna ca Isabel.
Sabe a pantalla maldita,
se a túa querida gasta moito cada fin de mes
sabe se subes ou baixas,
sabe, tamén, se paga cando deixas a deber.
¡Ai meu compadre!
se non para este desmadre,
van a ter fichado ata o retrete,
¡xa nen vas cagar na intimidade!

Se aquí corren malos ventos,
por fora non vai millor,
sonche tempos turbulentos,
que llo pregunten a Gorbachof.
Dende Elsin a Gamsajurdia,
na vella Rusia, que foi do Zar,
teñen un batifundio
que xa veremos no que vai terminar.
Pintaron novas fronteiras;
vellas bandeiras sacaron todos a flamear;
con tanto lio non saben
quen pode ter a chave do maletín nuclear.
¡Aai meigas fora!
tende coidado cas bombas,
que para axeitar despois as cousas
seique xa non val a silicona.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages