Escoita…
1996
Cancións
A Culpa Foi de Tarzán
Operación "Copo"
Veu un barco ata a Costa da Morte
moi escorado, virando pra Corme
perdeu rumbo dende Medellin
traia o sextante esnifando polvin.
Estribillo.
Marilin, Marilin
Marilin Monroe.
O veciños oian falar
no medio das ondas, alá polo mar :
¡ corre neno, e vai cara alí,
arrima a chalana, axusta o naris.
Estribillo.
Marilin, Marilin
Marilin Monroe.
O xuiz Bueren chegou ata Laxe
veu por percebes, atopou forraxe
e na praia de ali escarbou
e a súa cariña blanca lle quedou.
Estribillo.
Marilin, Marilin
Marilin Monroe.
Se te tumbas ao sol nestas praias
leva “palliña” e maila toalla
ten coidado que auga esta fría
molla o “perrete”, esnifa pra arriba.
Estribillo.
Nesta costa moita caravana
leva manteiga boa “Colombiana”,
e se levas un aspirador
todo pola napia ventila mellor.
Escoita…
A Fariña do Mar
O “Yemamllá” trae mandanga
agachada na sentina,
trae case tres toneladas :
¡ Menuda festa na ría !
¡ Menuda festa na ría !
O “Yemamllá” trae Mandanga.
Esta noite non chega
a fariña do mar
esta noite non chega
xa non poido esnifar
xa non poido esnifar
xa non poido esnifar
esta noite non chega
a fariña do mar
Estribillo.
Din que o esnifar
din que o esnifar
e cousa que medra
e para esnifar
e para esnifar
os de Pontevedra
os de Pontevedra
os de Pontevedra
os dala de Arousa
din que o esnifar
din que o esnifar
non e mala cousa.
A farola de Corme
sei que a van a pintar
co “Perico” que trouxo
a “lanchiña” do mar
a “lanchiña” do mar
a “lanchiña” do mar
a farola de Corme
sei que a van a pintar.
Estribillo.
Quen tivera a sorte
de ver un fardo
polo medio da ría
para pillalo
para pillalo, nena,
para pillalo
quen tivera a sorte
para atopalo.
Escoita…
Cuplés do Balance
a altura do cimenterio
podes tapa-la lo nariz
pois ai cheiro a vertedeiroTodo o mundo fai pis pis,
fai pis pis tuti-limunde
que nos “Arcons” que ali estan
hai un cheiro que confunde.
Dis que van a levantar
o chan de Mª Pita
pois non aguanta co peso
da afición deportivista.
Todo o mundo fai pis pis,
fai pis pis tuti-limunde
que si ganamo-la liga
corre o risco de derrumbe.
Ala enriba polos Castros
atoparon unha tribu
con cariña de betún
e moito polvo no ombligo.
Todo o mundo fai pis pis,
fai pis pis tuti-limunde
coa a descarga carbón
os Castros van prender lume.
E o peirao Centenario,
donde descarga o carbón
fixo do barrio dos Castros
unha tribu de “Mongons”.
Todo o mundo fai pis pis,
fai pis pis tuti-limunde
antracita,hulla e coque
como unico perfume.
As duas lineas paralelas
polas que corre o tranvía
trouxeronas de Polonia
pois aqui no nas había.
Todo o mundo fai pis pis,
fai pis pis tuti-limunde
que xa temos un convoy
veremos se non se afunde.
Escoita…
Retrato con Bigote
Polas farolas anda un retrato
que non o podo mirar,
Xosé María Asnal
en campaña electoral.
A xente dise ¡ manda carallo !
se chegase a gobernar :
veñan despidos aqui,
fora salarios ala.
O seu talante
de teimudo intolerante,
con ideario
mezquino e insolidario;
dende Corme ata o Xapón,
de Pikin a Corcubión,
a xente clama con entusiasmo,
a xente clama con entusiasmo
¡ vaia mamón !.
Xosé Maria, o repelente,
ten un salero que é mesmamente
para chorar,
cando sonrie, aviesamente,
co seu soriso esta dicindo
xa as pagaras.
É un artista
con certos folgos de revanchista
pero na pista
non chega a enano equilibrista.
Xosé Maria,
se o miras ben,
ten un bigote
que se parece,
que se parece
a aquel bigote
do Tercer Reich.
Escoita…
Muiñeira de San Fernando
Escoita…