2025

Cancións

Juanca, dáme uns millonciños

Teño un amante real
e non me quere axudar
pero hei domar ese león
Ben oculto no xardín
un espía escondín
para atrapar ese león
Juanca, dáme uns millonciños
ou monto un circo
no que has de voar
Papi, eu teño unhas fotos
que un terremoto
han de provocar
Ai! Borbón. Ai! Borbón
como fuches ti tan pasmón
Juanca, dáme uns millonciños
ou monto un circo
no que has de voar
Juanca é moi charlatán
fala un pouco de máis
e segredos conta ó seu amor
Gardei unhas gravacións
quen sería o ladrón
que da miña casa as levou

Cando fago o arroz
sempre poño tal paixón
que os dedos se pon a chupar
Por se non me queren crer
eu tamén me chamo Rey
sempre poden en min confiar
Juanca, dáme uns millonciños
ou monto un circo
no que has de voar
Papi, eu teño unhas fotos
que un terremoto
han de provocar
Ai! Borbón. Ai! Borbón
como fuches ti tan pasmón
Juanca, dáme uns millonciños
ou monto un circo
no que has de voar
Juanca, dáme uns millonciños
ou monto un circo
no que has de voar

Escoita…

O chacachá do tren

Vaia luxo ir de Cambre á Coruña
e no centro eu poderme apear
en Betanzos con paradiña no Burgo
se nun tren de cercanías
me puidese desprazar
Ai!, que gusto dá viaxar
sen ter que conducir
o amable maquinista
xa conduce por min
Ai!, que gusto dá viaxar
con tanta rapidez
e na Coruña entrar
co chacachá do tren
Moitos anos reclamando o cercanías
e non temos ningún plan de execución
nós gastando os cartiños nas peaxes
porque o señor Rajoy
ampliou a concesión
Ai!, que gusto dá viaxar
sen ter que conducir
o amable maquinista
xa conduce por min
Ai!, que gusto dá viaxar
con tanta rapidez
e na Coruña entrar
co chacachá do tren
Despois de vinte e tres anos temos AVE
un pouquiño atrasado si chegou
a Madrid podemos ir xa en tres horas
pouco máis do que nos leva
da Coruña a Ferrol
Ai!, que gusto dá viaxar
sen ter que conducir
o amable maquinista
xa conduce por min
Ai!, que gusto dá viaxar
con tanta rapidez
e na Coruña entrar
co chacachá do tren

Moitos anos reclamando o cercanías
e non temos ningún plan de execución
nós gastando os cartiños nas peaxes
porque o señor Rajoy
ampliou a concesión
Ai!, que gusto dá viaxar
sen ter que conducir
o amable maquinista
xa conduce por min
Ai!, que gusto dá viaxar
con tanta rapidez
e na Coruña entrar
co chacachá do tren
Despois de vinte e tres anos temos AVE
un pouquiño atrasado si chegou
a Madrid podemos ir xa en tres horas
pouco máis do que nos leva
da Coruña a Ferrol
Ai!, que gusto dá viaxar
sen ter que conducir
o amable maquinista
xa conduce por min
Ai!, que gusto dá viaxar
con tanta rapidez
e na Coruña entrar
co chacachá do tren
Chu, chu

Escoita…

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages