Escoita…
2026
Cancións
INMIGRANTE
Alá en tempos pasados
fomos escravizados
nos barcos dos negreiros
cruzabámo-lo mar
E atados con cadeas
e vendidos en mercados
o látego é a lei
que aplica o señor
A miña terra é rica
mais vivimos na pobreza
África espoliada
polo gran capital
E fuxindo da miseria
da fame, da explotación
metido nun caiuco
crucei o alto mar
Estendo a miña manta
alá na Rúa Real
e vén a policía
eu teño que escapar
Recoller fresas no campo
traballar de sol a sol
as miradas de desprezo
puñal no corazón
Inmigrante, moi benvido
africano, moi benvido
boliviano, moi benvido
o racismo, ilegal
Peruana, moi benvida
angolana, moi benvida
colombiana, moi benvida
o racismo, ilegal
Coidando os anciáns
limpando o fogar
na pesca e nas obras
están as nosas mans
Aquí gaño o meu salario
traballando cos meus brazos
mais a moitos non lles gusta
a cor da miña pel
Inmigrante, moi benvido
guineano, moi benvido
venezolano, moi benvido
o racismo, ilegal
Palestina, moi benvida
marroquí, moi benvida
a cubana, moi benvida
o fascismo, ilegal
o racismo, ilegal
o fascismo, ilegal
o racismo, ilegal
PALESTINA
En España hai un señor
que se apelida Feijóo
que apoia a Israel
un goberno asasino
E Ayuso vai á par
co seu amigo Abascal
e Almeida en procesión
sangue, fame, destrución
defendendo a ocupación
apoiando o xenocidio
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Eles pensan que matar
miles, miles de cativos
e querer eliminar
todo o pobo palestino
iso non é masacrar
iso non é xenocidio
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Á frutera de Madrid
moito lle gusta a fruta
ó seu amigo Feijóo
o limón non lle desgusta
mais ó ver una sandía
forman unha gran disputa
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Tede tino
que se vos vai
o sentido
En España tamén hai
moita xente altruísta
que saíu a protestar
parou a volta ciclista
e saíu a enarborar
a bandeira palestina
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Tede tino
que se vos vai
o sentido
Sentidiño
cando vaiades
votar
Ai! Que medo
se chegan a
gobernar
Sentidiño
cando vaiades
votar
Ai! Que medo
se chegan a
gobernar
Palestina, Palestina,
Palestina, que viva Palestina
Palestina, Palestina
Palestina, que viva Palestina
Escoita…
MIÑA TERRA GALEGA
No corazón da nosa terra
o Rueda quere chantar
unha macro celulosa
que interese el terá
el terá
Cunha enorme cheminea
para a todos afumar
pero non somos chourizos
pra nos poñer a secar
a secar
Miña terra galega
que será despois de ti
Miña terra fermosa
Rueda vaite destruír
destruír
Unha chuvia de sulfuro
as leiriñas vai regar
e un cheiro apestoso
o nariz vai respirar
respirar
Os carballos e os piñeiros
están no monte a chorar
o imperio do eucalipto
eles queren implantar
implantar
Miña terra galega
que será despois de ti
Miña terra fermosa
Rueda vaite destruír
destruír
Miña terra galega
que será despois de ti
Miña terra fermosa
Rueda vaite destruír
destruír
Que será do río Ulla
caldiño de algas vai ser
e na ría de Arousa
berberechos a morrer
a morrer
E por iso compañeiros
vou falar co corazón
non queremos celulosas
e dicimos ALTRI NON
ALTRI NON
Miña terra galega
que será despois de ti
Miña terra fermosa
Rueda vaite destruír
destruír
Miña terra galega
ALTRI NON
ALTRI NON
Miña terra galega
ALTRI NON
ALTRI NON
Miña terra galega
ALTRI NON
ALTRI NON
Escoita…











