Inauguración
Esta páxina queríamos inaugurala no 25 aniversario pero, cousas dos Maracos, chega con un ano de retraso. En ela facemos un repaso dos acontecementos sociais e políticos mais importantes que sucederon, non soio en A Coruña e en Galicia senón tamén no resto da xeografía. Así, a través das letras, a música e o carriño, nesta páxina podedes ver: os hirmáns Guerra de bailarinas; a Pujol de monxa; a Felilpe de PRESOE; a Aznar de Virxen do Rocío; a Fraga de Apóstol, lobo e vaca loca; a Busch; a teta da Chicholina; a Fidel Castro co Papamóvil; a Paco Vázquez de Obispo, etc.
Se vos gusta o Entroido, abride esta páxina e facede un percorrido polos últimos 26 anos do “Carnaval coruñés”.
Esperamos que vos guste e, como non, que nos fagades chegar as vosas suxerencias.