Para poder utilizar a aplicación de reservas, os socios teñen que estar dados de alta na páxina Web de Os Maracos.
- O local só se reservará a través desta páxina web.
- Responsabilidade do socio que reserva: o local só pode ser reservado por un socio que será o responsable do seu uso e de todo tipo de incidencia así como da apertura e peche do mesmo (personalmente ou representado por outro socio), da vixilancia do uso dos elementos de cociña (que deben quedar limpos e recollidos no seu sitio), da recollida do lixo (tanto o orgánico como o inorgánico deben sacarse do local ao finanizar o acto), de cubrir os impresos correspondientes (a liquidación de consumos de bodega e o rexistro xeral da actividade), e, en xeral, do correcto uso das instalacións (peche de luces interiores y exteriores, chaves de butano, etc).
- Queda expresamente prohibida a cesión de chaves a persoas alleas a Asociación.
- Consumo de bebidas: farase preferentemente das existencias disponibles na bodega do local. Os prezos figuran na folla de consumos que se debe cubrir.
- Limpeza: A cota mínima obrigatoria de limpieza é de 15€ por actividade. En función do tempo que se empregue para deixar o local nas mesmas condicións, engadirase a esta cota, con posterioridade, o importe necesario para completar a suma total por limpeza. A persoa encargada da coordinación da mesma poñerase en contacto co socio ou socia para abonar o pago da diferenza.
- Aforo do local: máximo de 50 persoas para comidas e ceas sentados, e 70 de pe para tomar viños, e dispón da menaxe necesaria (manteis, servilletas, trapos de cociña, cubertería, vaixela, cristalería, batería de cociña, etc.) para 50 comensais.
- Non socios asistentes: deberán abonar 3€ por persoa, salvo que sexan invitados ao festexo (unha vez ao ano) por parte dun socio ou socia, tendo que comunícalo á Xunta Directiva.
- O Regulamento Completo de uso do local está a disposición dos Socios no Local de Os Maracos.
- As actividades convocadas pola Asociación, teñen preferencia sobre as actividades particulares no uso do Local.