Escoita…
2022

Cancións
Corina, my love
Eu podo ofrecerche unha vida moi interesante |
Acende o candil
Acende o candil, Marica chus chus
acende o candil, que sobe a luz
que sobe a luz e volve a subir
O Deus que os fixo, deixainos vivir
Alá pola medianoite
haiche festa na Coruña
co run run da lavadora
non hai quen carallo durma
non hai quen carallo durma
ai lalelo, ai lalalo
Des que Aznar e Felipe
van por portas xiratorias
algúns d@s nos@s ministr@s
andan a xirar na roda
andan a xirar na roda
ai lalelo, ai lalalo
Por non prende-la bombilla
ás escuras fun ao baño
espertei de mañanciña
de fociños no lavabo
de fociños no lavabo
ai lalelo, ai lalalo
Naturgy e Iberdrola
amasan unha fortuna
soben e soben os prezos
nós pagámo-la factura
nós pagámo-la factura
ai lalelo, ai lalalo
Eu teño frío nas pernas
meu amor pon o braseiro
cando me achego ó teu lume
árdeme o corpo enteiro
árdeme o corpo enteiro
ai lalelo, ai lalalo
Escoita…