1997

Cancións

Non é Chanel Nº 5, Son Lixiviados

Non e Chanel nº 5,
co seu aroma sensual
nin esencia de basilisco
con evocación medieval.
Tampouco peidos do Francisco,
co seu efluvio natural.
Non sera Aznar,
que ten diarrea mental
ca teima de privatizar.

Estribillo.

Como cheira na Gaiteira
e tamen na Zapateira.
Como cheira a cochiqueira
como cheira no Orzan.

Unha chea de basura
foise aplilando xunto ó mar
e medrou tanto a creatura
que a estratosfera vai chegar
pero de pronto a sua estructura
xa non foi quen de aguantar mais
e natural, tanto comer, despois cagar
e sen pensar en reclicar.

Estribillo.

Ala van os “Lixiviados”
escorrendo ata o poblado,
probiños dannificados
onde van a evacuar.

O Paco Vazquez dilixente
reclamalle a Diputación,
mais di Lendoiro: é pertinente
que mova ficha o Pacón,
a Ministra do medio ambente
pasa a moi lurpia da cuestión,
ali non vou,
con esa contaminación
vaise fodelo meu visón.
Estribillo.

Como cheira na Gaiteira
e tamen na Zapateira.
Como cheira a faltriqueira
como cheira o calzón.

Peor que a merda do Portiño
cheira o proxecto Popular,
as empresas con beneficio
de baratillo van saldar
e a Sanidade e o Ensino
con disimulo liquidar
cheira moi mal,
polo mercado liberal
o patrimonio disipar

Estribillo.

Que mal me cheiran os Ratos,
tamen cheiran mal os Cascos
que mal me cheira o Asnal
como a gando cabalar.

Escoita…

Sen audio!

As Mentiras de Pujol

1º)
¡Xa non hai mais tratoradas!
¡Xa non hai mais tratoradas!,
po las patacas e o leite
…dos cullóns
eso arreglouno en Mastrich
…o Pujol.
¡¡Qué cullons len o Pujol!!

2º)
¡Hai que mandarlle unha gaita!
¡Hai que mandarlle unha gaita!
…que en vez de fol leve o forro
…dos cullons
do don Manoliño Fraga
…pro Pujol
¡Para que “soplen” os dous!

3º)
Crema de caldo gallego
Crema de caldo gallego
é a mellor cataplasma
…nos cullons
par cura-las almorranas
…do Pujol
¡Que llo digan ó Rajoy!

4º)
Do que pasa na Moncloa
Do que pasa na Moncloa
¡O Aznar non pinta nada!
…por cullons
e a Botella está tapada
…por Pujol
¡¡Pero non hai ereccións!! (perdón, eleccións)

5º)
¡Aznar vaise poñer serio!
¡Aznar vaise poñer serio!
…xa estamos de risa falsa
…hasta os cullons
…¡ére-lo “cañita brava”!
…para o Pujol.
¡¡Baixache-lle os pantaloos!!

6º)
¡Como cheira no Portiño!
¡Como cheira no Portiño!
Non é chanel “ene” cinco
…¡qué cullons!
…da ministra, son os peidos
…de Pujol
¡¡Que revente por cabroon!!

7º)
¡Que non son casas de putas!
¡Que non son casas de putas!
…Que se chaman Fundacións
…dos seus cullons
…que chulean Romay, Cuiña
…e o Pujol
¡¡Que morran de purgacións!!

Escoita…

Sen audio!

O Terrachán

Manolo Fraga, “O Terrachán”
como financias a autonomia
co que lle deixa Pujol a Aznar :
un refugallo de calderilla.
Decias que ó 15 non ia colar
e tragas co 30 que é moito tragar.

Non pode ser non pode ser
de mandadiño de José Marí
está D. Manuel.

Os teus tirantes foron bordons
rachando o aire con baril himno,
co sube e baixa dos pantalóns
hoxe abanean como membrillo.
Mudou por pantufas os seus zapatóns
e flácida a gaita quedouse sen fol.

Non pode ser non pode ser
de mandadiño de José marí
está D. Manuel.

A cuota láctea ¡ que inxusta é !
ben se merece mil tractoradas
por se rechista o D. Manuel,
veu de Palacio, unha niñata.
Propón que os gandeiros non protesten mais
e fagan cas vacas Turismo Rural.

Non pode ser, non pode ser…

Non ten remedios, nin os vai a ter
pra a nosa industria tan desolada,
cos funcionarios no frixider,
e a nosa flota sempre amarrada.
E xa vou moi canso de tanto parir
o que queira leite que o veña muxir.

Hai que foderse, hai que foderse
hai que foderse e calar.
Os conselleiros seguen chupando
por tragar e non piar.

Gandeiro se pensas un pouco,
o futuro que che esta por vir.
Virarias os tetos pra casa
e a boca da vaca comendo en Mastrich. (Madri)

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages