1984

Cancións

Ai Filipiño

Tamén aquí
querido Nicolás
somos da OTAN
socios en sociedad

¡qué suave honor
do brazo andar
brazo con brazo
do tio Sam.

de entrada non
dixeron sin dudar
mais de sair
non queren nin falar

¡que un referendum
fagan xa!
que ¡otan non!
quero votar.

¡Ai Felipiño!
ti que falas co Regan
¿a que viaxa
o teu ministro moran?

deus os perdone
si tanta volta que dan
vale para que salgamos
da alianza ca OTAN.

Mister Regan
paiciño Chernienko
tanto despliegue
paren por favor

que mandan as bombas
quitar,
eu unha flor
lles ei plantar.

porque si non
e ao paso que van
entre varsovia
e o pacto da otan

en nome da paz
e do amor
non deixarán
nin o apuntador.

Tantos misiles
para asegura-la paz
tantos neutrones
pululando sin cesar

tanto residuo
que están ciscando no mar
van deixar todo emporcado
feito unha calamidad.

Fíxese usted
que cousa singular
Galicia e zoa
antinuclear
xa nosa xunta elaborou

unha bendita circular
debido a ela
parense a pensar

os que os misiles
poden disparar
si nos apuntan con rencor
expoñense a unha sanción.

Manda carallo
o que foron discurrir
ai señor fraga
por donde foron salir

quen o diría
quen o iba a imaxinar
alianza vota en contra
da enerxía nuclear.

Escoita…

Meniño de Gandarío

Neniño de Gandario.
Por quen sospiras
sospiras por ser alcalde
como Molina
Xa desde pequeniño
foi seu afán
o alcanzar algún día
a presidencia Consistorial
e ter su retrato en oleo
na galeria Municipal.

Como peinouse
seu lindo pelo
con brillantina
e con fixador
para estar guapo
él nos carteles
e co voto das meniñas
as eleccions por fin ganou
e a nova corporación
por maioría, alcalde o nombrou.

El fara da Coruña,
o seu Concello
capital de Galicia
si non do ceo
o Aeroporto de Alvedro
o ampliara
reactores cara a lúa
todo-los días despegaran
pois as perdas de Aviaco
cos nosos cartos
financiara.

Como se move
como viaxa desde Alvedro
hasta Madrid.
El ten amigos entre os ministros
tomando copas con eles
nosos problemas arreglará
Meniño de Gandario
a iso lle chaman
caciquear.

Traballa o meu neniño
con gran sigilo
soio, sin aspavientos
¡ Que gran estilo !
Todo o fai o meu frode
por seus veciños
tanto traballo sordo
me esta escamando
non vaia ser
que na estación do norte
quera calzarnos ” O Corte Ingles”

Como se rie
como se defende
os intereses
da poboación
pero neniño
está olvidando
que cos votos dos veciños
está, sentado no seu sillón
queremos participar
nas decisións
da corporación.

O noso plan de urbanismo
esta estudiando
e con pouquiños retoques
vai milloralo
casas altas no centro,
en grandes bloques
que van causar asombro,
hasta en Manhatan, de Nueva Iork
Meniño de Gandario,
non o millores,
porque e pior.

Non me claudiques
cos constructores
que non te engañen
os de Aprocons.
E ti recorda
e ten presente
que non estás na alcaldia
por intereses dun particular
que a Coruña e patrimonio
dos coruñeses,
en xeral

Escoita…

Os Sociolistos

No Axuntamento da Cruña
entraron os “socios listos”
puxéronse uns salarios
como si foran ministros.

E poñen un novo imposto
o tres por cento en facenda
e dinlle os paisaniños
que teñan moita paciencia.

Solamente pedimos
cumpla o programa electoral.

E nos lles decimos estribillo
decimoslles non
que non lles pagamos bis
sua mala xestión

Ouvo festival de cine
con artistas invitados
pero como sempre a conta
dos probiños ciudadanos

Trouxéronche azafatas
ala do centro do estado
mentras as nosas mociñas
continúanche no paro.

estribillo

Co neno de gandarío
todo che sigue igual
leva un ano na poltrona
e non temos plan xeral.

Por unha que da o direito
vinte che da o revés
escapade comerciantes
que xa chega o “corte inglés”

estribillo

Para contentarnos agora
vainos dar un caramelo
en vez de caer en santiago
caeremos en alvedro.

Escoita…

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages