1987

Cancións

A Coruña Como Está

Está a Coruña que da pena
que non se pode nin andar
pois está chea de “trincheiras”
de punta a punta, e mar a mar
por iso o alcalde aconsella
os coruñeses despegar
-pero rapaz
-non e doado despegar
-perforando baixo o chan

(Estribillo)

A Coruña como está
por culpa que o axuntamento
fixo da nosa cidá
un choio particular.

Drenados e destruccións,
amigos de don Pacon,
excabando en María Pita
touparon un gran filón,
pois nas alturas decidiron
darlles as obras por collons,
e natural:
De “Reos” e fomentar
a competencia desleal.

(Estribillo)

Tamén na praza de Galicia
puxéronse a perfurar
e o Palacio da Xusticia
casi consiguen derrumbar
por iso as súas señorías
xulgan cun casco cautelar
que demencial:
para os coches aparcar
nosa xusticia socavar.

(Estribillo)

Según informe dos expertos
en cuestiós de valoracións
cando se cedeu “A Cubela”
perdéronse varios millóns
pois polo visto isa parcela
deronna en catro patacóns
o que hai que ver:
o Patrimonio coruñés
nas rebaixas do “Corte Inglés”.

A un bo fillo de Levante
déuselle por imaxinar
o meter dentro dun estanque
con columniñas noso mar
e sei que por ise dislate
ainda lle oubo que pagar
pero animal:
sei que queres divorciar
as galerías mailo mar.

(Estribillo)

Escoita…

Sen audio!

C'est Fini

Estribillo:

¡Hai que foderse!
¡Hai que foderse e calar,
e os conselleiros
din que dimiten
pero siguen a chupar.

Gandeiro se pensas un pouco
o futuro que che está por vir:
cambiarías as vacas por burros
e se queren leite
¡que os veñan muxir!

(Estribillo)

Reconvirten o campo e a industria
xa non queda máis que convertir:
os barquiños que os tiren a pique
currantes ó paro
e preñadas parir.

(Estribillo)

Si así pensan as súas señorías
que o futuro nos vai sonreir:
que se baixen da burra ¡señores!,
se non hai traballo:
chupar “c´est finí”.

Escoita…

Sen audio!

Xerardo non te Raxes

Xerardo tiña unha moza
brava e cariñosa
moi ben colocada.
Miraba por el, dia e noite
levava por nome, “Don Manolo Fraga”.

Ai Xerardo non te raxes
ti segue sentado, aí no teu sillón
de él non te baixa, nin o mesmo demo
mentras Manoliño sexa teu patrón.

Xerardo pillou o Barreiro
e outros conselleiros
facéndolle a cama.
Meu home, pidindo socorro
pasou co Manolo
a noite mais larga.

Ai Xerardo non te raxes
díxolle o Manolo, non sexas mamón
ti non me dimites, estate tranquilo
que eu vou e me cargo a eses lambóns.

Manolo vestiu as cananas
cabalgou de noite
en egua de raiba.
Plantóuse diante do Barreiro
andóuno o rueiro
en plena alborada.

Ai Barreiro que fixeche
vaia trapallada, que conspiración
quen ía decilo, dun mozo tan listo
sen garda-la roupa facer natación.

Os máis dos outros conselleiros
que xunto o Barreiro…
Tamén cospiraran
díronlle volta a súa chaqueta
bauxando a cabeza
e non pasou nada.

Ai Xerardo non te raxes
estate tranquilo,
non sexas mamón
ti non me dimitas, ainda que Manolo
teña presentado a súa dimisión.

Escoita…

Sen audio!

O Moreno

Felipe González Márquez
o da cariña morena
sei que te-los ministerios
metidiños en faena
ai tedes por exemplo
o ministro Maravall
que non da nin pé con bola
co da “selectividá”.

Estribillo:

Moreno
que pasa con Barrionuevo
que lles zurra con esmero
ós mozos
que saien a protestar
ós das consultas de planing
e ás que queren despreñar.

I en facenda Solchaga
case non deixa sen paga
co seu maldito incremento
en torno o cinco por cento.

Para os currantes en paro
non encontran solución
e anuncian en industria
a nova reconversión.

Estribillo

Escoita…

Sen audio!

¡Ai Felipiño! (Versión 1987)

Tamén aquí
querido Nicolás
somos da OTAN
socios en sociedad.
¡Qué suave honor
do brazo andar
brazo con brazo
do tío SAM!

O mundo enteiro
tolo debe estar
porque se non
xa ti me explicarás,
como se pode
salva-la paz
com tanta base
militar.

¡Ai Felipiño!
Non te podo perdoar
tanta mentira
que tivemos que tragar,
e si colaches
o asunto da OTAN
polo menos que se vaian
os ianquis do noso lar.

Tantos misiles
para asegura-la paz
tantos neutrones
pululando sen cesar
tanto residuo
que están ciscando no mar
van deixar todo emporcado
feito unha calamidad.

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages