2016

Cancións

A Trotona

Encollido…
con dolor pola “ENTREPERNA”
¡das patadas que che deron na ALEMANIA!
Por fiarte
desa Merkel “torticera”
por gangoso… ¡cambioute polo RIVERA!,

Hoxe os machos case máis parecen “REINAS”
(“Sin/Con coleta” veu a ser quen nos goberna)
…de machote as brancas barbas mellor sentan
dando fe coma notario en corruptelas
nun despacho do centro de PON-TE -VE-DRA

Retrouso

TRO – TO – NA…!!!
Vas de présa e sen alento
cando pasas polos campos
pola vei ….
riña do LÉREZ !!!
Escapas …
de Luis Bárcenas e de Rato
agora non queres tratos
non os queres coñecer
TRO – TO – NA…!!!
vas de présa e sen alento
cando pasas polos campos
pola vei ….
riña do LÉREZ !!!
Mariano..
¡¡Coma o moneco Macario!!
… Que goberna esa teutona alemana
Por fiarte
desa Merkel “torticera”
por gangoso… ¡cambioute polo RIVERA!

Os güevines, apertouchos sen consolo…
E obrigoute a RECORTAR e RECORTAR !
Que feliz volver castrado pros teus feudos !
Sen as ANSIAS que senten os CABALEIROS !
Para DOR-MIR, para COMER, para EN-GOR-DAR!!!

Retrouso

Escoita…

Sen audio!

Ai Mariano!

Concelleiro en Pontevedra
preside a Deputación
e din que foi Manuel Fraga
ai! Mariano, o teu mentor

Mariano foi ascendendo
alá en Madrid el aterrizou
fixo boa faena
el era a esencia do poderío español

Igual serve en Presidencia
como ministro do Interior ou en Educación
fixéronte presidente
cando un vale, e que vale para tóoodo

Ai! Mariano
botáronche un gran meigallo
agora serás banderilleiro
e os touros verás, no burladeiro

Por que tapa-las olleiras
toureiro tan español
por que vestiches de luces
ai! Mariano, recortador

Din que un vinte de decembro
saíches ó ruedo a tourear
a res era bravía
e á enfermería, alí fuches ti parar

A culpa foi dos malvados
Que te cornearon pra botarte da Moncloa
craváronche unha estocada
que che deixou espernexando na padiola

Ai! Mariano
ti xa non cortas máis rabos
fúche-lo peor da gran corrida
escaiolado estás, na enfermería

Escoita…

Sen audio!

Mamando Mamandurrias

Mamá, mamá, mamá,
mamá, mamá, mamá,
mamá, eu quero
mamá eu quero
mamá eu quero
mamar
dá á chupeta
dá á chupeta
das mamandurrias do Partido Popular

Mamá, mamá, mamá,
mamá, eu quero
mamá eu quero
mamá eu quero
mamar
dá á chupeta
dá á chupeta
das mamandurrias do Partido Popular

Mama o conselleiro
e mama o concellal.
maman os banqueiros
que non paran de mamar
mama o tesoureiro
co sobre por detrás.
Maman os que poden
e os demais, xa mamarán

Mamá, eu quero
mamá eu quero

mamá eu quero
mamar
dá á chupeta
dá á chupeta
das mamandurrias do Partido Popular

Mamá, mamá, mamá,
mamá, eu quero
mamá eu quero
mamá eu quero
mamar
dá á chupeta
dá á chupeta
das mamandurrias do Partido Popular

Todo Deus a mamar !!!

Escoita…

Sen audio!

O Neno dos Mallos

Xulio o neno dos Mallos,
Alcalde da marusía
con camisola de cadros
vaqueiros tódolos días.
Non dá cartos a touradas
e non vai na procesión,
cos curas non quere nada,
e permite o botellón

Xuliño
Axusta ben teus vaqueiros,
non fagas o remolón
vixíante dúas mozas,
Xuliño,
Vas levar dous pescozóns
Da Avia Veira do Bloque
da socia-lista Barcón

Apúntate a unha FP
que ensine a tourear
tes que ser algo toureiro
para poder gobernar
A Negreira e os morlacos
do partido popular,
que embisten dende a dereita
e crávancha por detrás

Escoita…

Sen audio!

Toureando PP-os

Escoita…

Sen audio!

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages

Busca nesta web!

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Search in posts
Search in pages