Escoita…
1986
Cancións
Os Grandes Almacenes
Xa somos na Coruña
como en Miami ou Nova Iork
aqui chegaron os almacenes
coas súas ofertas de promoción
podes levarte, lacón e grelos,
xunto a un tresillo e un salchichón
unhas buxias para o bugati
papel do water a mogollón
e metes todo no teu carriño
e para a caixa con emoción.
Estribillo.
Anda morena imos Alcampo
e ó Continente
mentras non abren o Corte Inglés
nos almacenes con entusiasmo
podes gastarte
sin enterarte a paga do mes.
Estribillo.
Un martes de Novembro
inauguraban, e alí corrin
nunca o fixera, que aquela tarde
eu no tumulto morrer creín
cando os chourizos
puxo en oferta
con voz solemne un galopín
a multitude abalanzouse
a un concellal que estaba alí
caíu tendido feito unhas bragas
e delirando decia así:
Estribillo.
Veñenche de Malpica
a facer compras en excursión
tamén de Corme e da Laracha
de Mondoñedo e Corcubión,
cruzan Lavedra con valentía
non lles da medo a circulación
un relicario levan no peito
que lles otorga gran protección
o San Cristobo vela por eles,
mentras que cantan esta canción
Estribillo.
O Pacón
Sempre un ledo e garrido
mais perdín miña edicia
eu andaba distraído
pasaba de alcaldías
pero dun tempo a esta parte
teño unha gran depresión
desde que traguei enteiro
un discurso do Pacón
estribillo
Pacón, Pacón, Pacón
é un producto do prior
pacón, pacón, pacón
e un perfecto embaucador.
estribillo
Estamos xa no antroido
entrando o mes de febreiro
o que era María Pita
hoxe é un “agujero”
non tanto como rumasa
mais pouco lle faltaba
xa veremos o que pasa
co erario municipal.
estribillo
É Pacón un urbanista
de primeira dimensión
vai meter unha autopista
no centro da poboación
campando con galanura
sobre un muro de hormigón
van adoecer de envidia
as momias dos faraóns.
estribillo
Escoita…