Escoita…
1985
Cancións
Unta o Plan con Tulipán
O verano o ano pasado
foi máis caluroso bis
do que era normal.
Toda a xente andaba nas praias
con gran despelote
¡Pecado mortal!
E o Paquiño, en xusto castigo
sacou en agosto
o seu plan xeral.
¿Queres aparcamento en maría pita?
¡Unta por aquí!
¿Ou construir en santa margarita?
¡Unta por alá!
Se quere na mariña ou nos cantós
oito plantas botar
se queres na cubela especular,
monopolios, cortaingleses montar,
excabar, permutar,
todo consta no plan
soio o terás que untar.
Ai señor
neste plan xeral,
ai cousiñas malas que tragar.
como non o untemos moi ben
é seguro que non colará.
As praciñas da nosa coruña
se deus non o impide
ben a “progresar”
Convertidas en aparcamentos,
que por outra banda son de utilidad
pois as prazas con tanto cemento
teremos refuxio antinuclear.
Albor, Ada de Contrabando
Veño cargado de tabaco
dende a quilla ó puente
o probiño do que intente
a planeadora deter.
Veño a tope de estraperlo
dende O Grove a Santiago
pra facer calar a Xunta
cun alixo de tabaco.
A dez cartons por barba
tocaron, e repartiron
mentras que os ordenanzas
nin siquera um pitillo.
Foi Portugal o escenario
dun encontro amañado
entre o pirata maior
e os capos ben mandados.
Pra amañar o problema
van a dar unha amnistía
para que as planeadoras
podan andar pola ría.
Xa con problelma resolto
amañaranse as cuestións
para poder financiar
as próximas eleccións.
Asegún dín as encostas
vanche voltar a gañar
tranquiliños fumadores
que o tabaco vai baixar.
Escoita…
¡Ai Felipe, Que Cambiazo!
Non che volvo a creer,
porque nos pechas os asteleiros.
Non che volvo creer,
mandas ao paro moitos obreiros
un día creinte
falabas do cambio,
ti ben sabias que me ibas foder.
¡ Ai felipe que cambiazo !.
¡ Xa non che volvo a creer!.
Non che volvo a creer,
nosos salarios son maís pequenos.
Non che volvo a creer,
contigo os ricos están maís contentos.
Un día nefasto
ó verme votando,
ti te reias do meu proceder.
¡ Ai Felipe que cambiazo !.
¡ Xa non che volvo a creer!.
Non che volvo a creer
porque na OTAN seguimos dentro
Non che volvo a creer,
que nos convocas un Referendum
Un día decias,
non hai tanto tempo:
” No mundo neutrales debemos de ser ”
¡ Ai Felipe que cambiazo !.
¡ Xa non che volvo a creer !.
Non te volvo a creer
porque os impostos son pra o currantes
non che volvo a creer,
porque non paga ningun mangante.
E ti que decias
que si te votaba
xusticia en Facenda nos ibas a dar
¡ Ai Felipe que cambiazo !
¡ Xa non che volvo a votar !.
Non che podo creer
pois cada día hai maía parados
Non che podo creer
que cada día hai menos traballo
E ti prometias
en plena campaña
que moitos postos ibas a crear
¡ Ai Felipe que cambiazo !.
¡ xa non che volvo a votar !.
Escoita…