Escoita…
2024

Cancións
O can can
Eu non vou pedirche que ti non o teñas
aínda moito menos como o has de educar
nin que o malcries con tantos xoguetes
e a universidade o queiras mandar
O que quero eu e saír pola rúa
con tranquilidade poder camiñar
mira-la paisaxe, sauda-los amigos
e non ir pendente do que vou pisar
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu son can de raza, son un gran danés
vivir nun pisiño, prodúceme estrés
pero o meu dono segue coa matraca
e os luns e venres imos ao psiquiatra
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Sei que está de moda o de ter un can
e pola cidade con el pasear
lucindo modelos de DIOR, BIMBA Y LOLA
penso que a alguén se lle está indo a olla
Son moi cariñosos e tamén son fieis
aínda que algún dono pasa moito deles
algúns son de raza e moito pedigrí
pero todos teñen que facer pipí
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu non son de raza, son un palleirán
vivo nunha aldea libre sen collar
e de vez en cando eu saio a ligar
se encontro cadela fago o tracatrá
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Eu só che pido, eu só che pido
que recolla-la merda do can
e o mexo o deixes limpiño
Vaia pachanga!!!
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Sómosche moi variopintos
os cidadáns da nación
votamos o que nos peta
e creamos con-fusión
por iso na investidura
vaia pachanga se armou
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Como son moi bos amantes
O Feijoó e o Abascal
xuntos foron ó congreso
porque querían casar
non hai padriños e a voda
non se puido celebrar
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Entre Madrid e Bruxelas
florece un novo amor
celébrase o casamento
co fugado Puigdemont
coa nova lei de amnistía
xa non ingresa en prisión
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Pero o menú do banquete
non a todos lles gustou
e armados con bandeiras
saíron en procesión
lanzaron botafumeiros
vaia belén se montou
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Aquí en Galicia hai Entroido
e campaña electoral
convocada por un peixe
que nos quere gobernar
enterrando a sardiña
remata o carnaval
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Mamita que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Pachanga si, pachanga non
Pachanga si, quer Puigdemont
Pachanga si, pachanga non
Pachanga si, quer Puigdemont
Señores que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Mamita que pachanga
imos para a pachanga
que boa é a pachanga
eu vou para a pachanga
Pachanga, pachanga, pachanga…
Escoita…